Sobre Proameixa:

Proameixa é unha empresa dedicada ao cultivo de moluscos bivalvos que leva a cabo a súa actividade na ría de Arousa e foi pioneira no cultivo en suspensión de semente de ameixa empregando bateas. Dende 2005, os fundadores desta compañía familiar, grazas á súa vida dedicada ao mar, crearon ferramentas e formas de traballar que lles permitiron optimizar os diferentes aspectos do proceso. Todos os seus coñecementos e paixón pola acuicultura posibilitáronlles partir dende cero e chegar a consolidarse no sector, sendo a empresa de referencia no cultivo de semente de ameixa en Galicia.

En que consiste o traballo de Proameixa?

O traballo que leva a cabo Proameixa comeza coa selección dos reprodutores buscando como resultado unha semente resistente e de calidade. Estes reprodutores son enviados aos mellores criadeiros, nos que se inducen as postas e se leva a cabo o cultivo larvario. Tras alcanzar 1,5-2 mm, as sementes son cultivadas nas bateas repartidas en estruturas como gaiolas e lanternas (un conxunto de bandexas rodeadas por rede tubular, que foi deseñado por Proameixa) ata alcanzar o tamaño óptimo de sementeira. Finalmente, as ameixas seméntanse en parques de cultivo e bancos marisqueiros ata alcanzar o tamaño comercial e con interese de repoboar o medio natural.

Cal é a vantaxe do produto co que traballa Proameixa?

Comprobaron, ao comezo da súa actividade, que a ameixa que se sementaba nos parques procedía directamente dos criadeiros cunha talla inferior a 7 mm, a cal tiña unha supervivencia de aproximadamente o 50%. Ao ver estes resultados, Proameixa decidiu apostar por levar o cultivo ata alcanzar de entre 15 a 20 mm. Esta talla posibilita unha supervivencia en torno ao 95% debido a que un maior tamaño permítelle á ameixa enterrarse mellor no substrato e defenderse dos distintos depredadores existentes na súa contorna e das condicións meteorolóxicas adversas. Sementar nesta talla tamén ten como beneficio un menor tempo de crecemento nos parques.

Expectativas de futuro:

Durante a súa traxectoria, Proameixa sempre tivo como obxectivo ir crecendo con proxectos innovadores co fin de mellorar e ofrecer a mellor calidade posible en todos os aspectos. Actualmente, como expectativas de futuro atópase seguir mellorando o cultivo de semente de ameixa, ademais doutras especies.

Mareas

Mareas
Venres, 29
Sábado, 30
Domingo, 31
Luns, 01
,
,
,
06:01
3.45 m
06:36
3.29 m
01:03
1.13 m
12:06
0.92 m
12:40
1.09 m
08:16
3.07 m
18:18
3.42 m
18:55
3.27 m.
14:20
1.28 m
00:24
0.96 m.
20:40
3.09 m.

Tempo

CONTROL DE CALIDADE E TRAZABILIDADE

Durante todo o proceso contrólase cada un dos lotes que se cultivan nas bateas analizando parámetros físico-químicos e axentes patóxenos. Ademais, lévase a cabo a trazabilidade das distintas partidas dende a súa entrada ata a saída das bateas. Todos os movementos das sementes van acompañados dos trámites administrativos pertinentes, ofrecendo este servizo aos seus clientes.

Sementes

SEMENTES DE AMEIXA

AMEIXA XAPONESA

Ruditapes philippinarum

TAMAÑO: 9-11mm
TAMAÑO: 15-18mm
TAMAÑO: +18mm
Contactar

AMEIXA BABOSA

Venerupis corrugata

TAMAÑO: 15-18mm
TAMAÑO: +18mm
Contactar

Estás interesado/a nas nosas sementes?

¡Contacta connosco e fai unha reserva!

Acordamos un día e un lugar e encargámonos da entrega da semente xunto coa documentación necesaria para a sementeira.

OUTRAS ESPECIES

Ameixa fina

Ruditapes decussatus

NON DISPOÑIBLE

Ameixa Rubia

Polititapes rhomboides

NON DISPOÑIBLE

Ostra plana

Ostrea edulis

NON DISPOÑIBLE

Ostra xaponesa

Crassostrea gigas

NON DISPOÑIBLE

Vieira

Pecten maximus

NON DISPOÑIBLE

Volandeira

Aequipecten opercularis

NON DISPOÑIBLE

Zamburiña

Chlamys varia

NON DISPOÑIBLE

Orella de mar

Haliotis tuberculata

NON DISPOÑIBLE

Contacto

SE TES ALGUNHA DÚBIDA OU QUERES PREGUNTARNOS ALGO, ¡POÑÉMOSCHO FÁCIL!

Horario

Horario: Luns-Venres de 9:00 a 13:00

Enderezo

Avda. Rosalía de Castro, 214 – Carril
36600 Vilagarcía de Arousa (PONTEVEDRA)

FORMULARIO DE CONTACTO

Poñemos á túa disposición un servizo de atención ao cliente rápido e eficiente para que poidas preguntarnos todo o que che interese saber..

    Os teus datos están a salvo connosco porque cumprimos o GDPR (Regulamento Xeral de Protección de Datos) e esta é a información que debes saber:

    • Responsable: PROAMEIXA FERNÁNDEZ S.L.
    • Finalidade: Responder á mensaxe que nos envías a través deste formulario (fácil, ¿non?).
    • Lexitimación: O teu consentimento para comunicarte connosco.
    • Destinatarios: Os teus datos almacenaranse en Dinahosting, o noso provedor de correo electrónico e aloxamento, que tamén cumpre co GDPR.
    • Dereitos: Obviamente tes dereito, entre outros, a acceder, rectificar, limitar e eliminar os teus datos.

    ¿ONDE ESTAMOS?